Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 75

981 84 36 29

emprego@concelloderianxo.gal

Concellería de Emprego e Xuventude

luns a venres 08.00 - 15.00

Emprego Emprego

Atrás

Rede Xiana 2 - Accións formativas

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

Unha vez rematado o prazo para a solicitude de participación neste proxecto, establécese un prazo especial para inscribirse nas accións formativas seguintes:

* Obradoiros de empregabilidade: Esta actividade permitirá ás persoas beneficiarias concibir e materializar con efectividade o seu propio “proxecto de empleo”. Mellorar os niveis de empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego, utilizando como base o autodiagnóstico individual e o entreno en habilidades para a mellora do seu perfil persoal e profesional.

* Habilidades Sociais e Comunicativas: Dotar ás persoas participantes de ferramentas e estratexias que lles permitan adquirir novas competencias a través do entreno en habilidades para a comunicación e a relación, asunción do conflicto e o liderado, conseguindo os niveles axeitados de motivación, comunicación e negociación necesarias na busca de emprego.

* Alfabetización Informatica: Realizar operacións básicas de lectura e escritura informática, utilizando os servicios, procedementos  e protocolos propios dunha rede Intranet/Internet: world wide web, correo electrónico, foros de discusión e charlas, así como os que permiten a edición de documentos.

* Responsabilidade Social: Incidir nas capacidades, actitudes, aptitudes, experiencias, procedementos e coñecementos necesarios  para colocar ás persoas en situación socio-laboral favorable, incluíndo as dimensións relacionais y socio-políticas: acceso aos recursos públicos, tramitación administrativa de doumentación persoal, tramitación on line, ...

* Busca de emprego e novas tecnoloxías: proporcionar coñecemento práctico de ferramentas e servicios dispoñibles en Internet, que poidan ser de axuda no proceso de busca de emprego e no seu futuro entorno profesional, profundizar no uso desas ferramentas e técnicas para a busca, recepción e xestión de información, introducción a las redes sociais, ...

* Igualdade: facilitación de información e formación relacionada coa introducción de valores, competencias e destrezas específicas que promovan o respecto dos dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres en todas e cada unha das accións e responsabilidades a desempeñar nos diferentes postos de traballo.

* Coidado e respecto ao medio ambiente: sensibilizacion ambiental: sensibilización acerca da responsabilidade sobre o propio comportamento, como requisito facilitador dun desenvolvemento humano en convivencia solidaria coas xeneracións futuras e desde estilos de vida saudables.

* Novas tecnoloxías da información e comunicación: organizar, analizar e asociar diversos tipos de información usando as opcións avanzadas do software, manexar as operacións básicas cun ordenador persoal, recoñecer programas e ferramentas, así como  navegar en Internet e administrar correctamente o correo electrónico.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de EMPREGO do concello de Rianxo.

O prazo para inscribirse nas ditas accións formativas estará aberto entre os días 1 e 5 de xullo de 2013, data na que terán que ter completa e presentada toda a documentación que corresponda.