Se ao cubrir os formularios PDF de forma electrónica aparecen problemas cos caracteres, tales como caracteres invisibles ou ilexibles, a incidencia pódese resolver instalando a fonte tipográfica libre Liberation Sans Narrow (descarga) no computador. (Descarga de toda a familia de tipografías libres Liberation).

Modelos de instancias Modelos de instancias

Modelos de documento públicos

Formularios de solicitude e outra documentación dispoñible para a súa descarga polos cidadáns. Os procedementos que se poden efectuar de maneira telemática están dispoñibles para a súa descarga ou presentación en liña na Sede Electrónica do Concello de Rianxo.
Subcarpetas

Festas e verbenas populares Festas e verbenas populares

O Concello de Rianxo pon á disposición das entidades locais e da veciñanza unha guía coas instrucións e documentación necesaria para a organización de festas e verbenas populares consonte a nova  Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia que entrou en vigor o 2 de xullo.

Guía para a organización de festas e verbenas populares

Procedementos telemáticos Procedementos telemáticos

 

A Sede Electrónica permite á cidadanía efectuar os seus trámites co concello de forma telemática, as 24 horas dos 365 días do ano.
O Rexistro Electrónico Xeral da administración do Estado permite presentar documentación en calquera administración integrada no Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR).
O SIR permite presentar documentación nas oficinas habilitadas con destino a calquera outro organismo integrado no sistema. O organismo receptor  recibirá a documentación de forma instantánea.
As persoas que rexistran solicitudes no concello poden solicitar ser notificadas de forma telemática a través da plataforma Notific@.
O Rexistro Electrónico de Apoderamentos permite autorizar persoas físicas a actuar en nome doutras persoas físicas ou xurídicas nas relacións coas AA.PP.
O punto de entrada xeral de facturas electrónicas permite ás provedoras presentar as facturas destinadas ao concello de forma telemática.
Listaxe de unidades tramitadoras
É a plataforma de licitación electŕonica na que o Concello de Rianxo publica os procesos de contratación e as empresas licitantes presentan electronicamente as súas ofertas.
O punto de consulta dos procedementos de contratación das administracións públicas de Galicia contén as publicacións das licitacións do Concello de Rianxo ata maio de 2018.
Pasarela de banca electrónica para o pagamento de tributos e recibos municipais para os que se emitiu un recibo.
Liña verde é unha plataforma dispoñible vía web e en app móbil que permite enviar incidencias e avisos ao concello e manterse informado sobre a evolución da incidencia.