Liña Verde é unha aplicación para dispositivos Android e iOS que pretende facilitar a participación cidadá, así como favorecer a máxima eficiencia e integración entre o Concello de Rianxo e a súa veciñanza e visitantes.

Coa axuda desta ferramenta poderá enviar dende o seu dispositivo móbil, en calquera momento, e dende calquera lugar, información sobre unha carencia, deficiencia ou estrago no mobiliario urbano, de forma que nun breve prazo de tempo o Concello de Rianxo sexa sabedor dos avisos da cidadanía.

Ao aviso pódeselle engadir a localización (automática mediante GPS ou manual) e unha fotografía. A persoa que a faga recibirá información sobre os cambios de estado da súa incidencia ata a súa corrección.

Ademais, as persoas usuarias da App recibirán notificacións puntuais con información de interese do Concello de Rianxo, como os bandos informativos, avisos e campañas de circulación, alertas de emerxencias e boletíns de eventos.

A ferramenta está dispoñible para a súa descarga en Google Play e na App Store, e tamén é accesible vía web: