Declaracións e manifestos

- Manifesto sobre os atentados de París e Beirut - concelloderianxo

Declaracións e manifestos

Manifesto sobre os atentados de París e Beirut

Non poderán coa liberdade

Estamos arrepiados polos terribles atentados de París e Beirut, nun venres negro de violencia e asasinato que condenamos con absoluta e tallante rotundidade.

Abrazados ás familias dos falecidos e os feridos e a todas as persoas que sofren nestes momentos tan duros, queremos manifestar, como representantes da veciñanza, que quen desprezan a liberdade, a convivencia e a vida, non poderán dobregarnos.

Non poderán coa liberdade, non poderán coa democracia, non poderán coa convivencia, non poderán coa paz... Son os nosos principios, as nosas regras do xogo, o noso único xeito de entender a vida.

Entre todos e todas, unidos e unidas, defenderémonos día a día a base de democracia, de diálogo, dos valores que París encarna desde a revolución francesa: liberdade, igualdade, fraternidade.

E a quen a atacan, e xa que logo nos ataca, dicímoslles, firmes e unidos, que lles faremos fronte e lles gañaremos. Hoxe xuntos, ás portas de todos os concellos de Europa, do mundo, dicimos ben alto. Todos somos Beirut. Todos somos Paris. Queremos paz.

Lido o 15 de novembro ás 12h. no acto de repulsa convocado fronte a Casa do Concello.