INFORMACIÓN INFORMACIÓN

Museo do Mar de Rianxo
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 08 08

981 84 36 29

medioambiente@concelloderianxo.gal

Concellería de Medio Ambiente

Medio Ambiente Medio Ambiente

Atrás

50 familias de Rianxo participan dun programa de compostaxe caseira

Cincuenta familias de Rianxo recolleron o composteiro que de balde proporcionou o concello de Rianxo, promovido pola Concellalía de Medio Ambiente, e froito dun convenio coa Deputación da Coruña, dando inicio así á posta en marcha desta experiencia, que ten como finalidade promover a compostaxe caseira.

Máis da metade do lixo que xeramos é materia orgánica, residuos procedentes da limpeza de hortalizas e outros elementos da cociña, restos de comida, papel alimentario de envolver, e restos de plantas da casa ou do xardín. Esta materia ascende aproximadamente a medio millón de toneladas anuais en Galicia (a razón de medio quilo por persoa e día). Trátase tamén da fracción do lixo máis limpa, libre en orixe de sustancias químicas tóxicas, e que pode ser reciclada enteiramente mediante procesos naturais. Mostrando que a acción persoal na xestión e tratamento do teu propio lixo é unha realidade posible. Sendo un proceso sinxelo e doado de realizar, que transforma un problema, o lixo, nun recurso, o compost, que é bo para todos/as.

As 50 familias que farán uso dos citados composteiros de 320 litros de capacidade xa foron asesoradas e informadas sobre o proceso de elaboración do compost a través dunha charla informativa, asemade recibiron xunto co composteiro un manual que lles facilitará a comprensión do proceso de elaboración do compost.

Cada unha das familias será visitada até en tres ocasións no seu domicilio dentro deste programa para comprobar a boa marcha do compost que dará nun uso final como fertilizante natural.

Anterior