Medio Ambiente

- Plan de formación e divulgación forestal - concelloderianxo

Medio Ambiente

Plan de formación e divulgación forestal

O Concello de Rianxo, ao abeiro do Programa de subvencións a concellos da provincia da Coruña para a realización de actividades en materia de medio ambiente no ano 2019 que convoca a Deputación da Coruña, vai realizar a proposta formativa para o aproveitamento da extracción de resina sobre masas de piñeiro.

Todas as persoas que estean interesadas poden solicitar máis información e/ou inscribirse no correo electrónico: medioambiente@concello​​​derianxo.gal

Tamén poden chamar aos seguintes números de teléfono: 981 860 808 / 667 185 579