Medio Ambiente

- Primeiro de maio, Día da Xente do Mar. Homenaxe ás persoas de Rianxo falecidas no mar. - concelloderianxo

Medio Ambiente

Primeiro de maio, Día da Xente do Mar. Homenaxe ás persoas de Rianxo falecidas no mar.

Este luns Primeiro de maio, celébrase a homenaxe a todos e todas os falecidos no mar. Todos os anos homenaxease a dous dos falecidos, facendo a ofrenda familiares próximos en recordo dos seus.

O acto da homenaxe consistirá na ofrenda dunha coroa de loureiro no monumento aos Afogados do Parque Galicia, para posteriormente celebrar unha misa, e rematarase co lanzamento-ofrenda ao mar dunha coroa.

Os actos comezarán ás 11:15 horas no Parque Galicia, desprazarémonos á Capela de San Bartolomeu para celebrar a Misa que será ás 11:45. Ao rematar esta, embarcarémonos para realizar a ofrenda no Mar.

Como acto máis lúdico, pola tarde ás 20:30 haberá un concerto dos Perucos na Praza da Igrexa ( En caso de chuvia, será no Auditorio de Rianxo) .

 

“Así seguía rezando, rezando sempre, por todos cantos morreron naquel camiño do mar. A vella mandadeira gardaba na memoria os nomes dos afogados e as datas das traxedias.”

A siña Sinforosa, de Cousas A.D.R. Castelao.