INFORMACIÓN INFORMACIÓN

Museo do Mar de Rianxo
Praza de Castelao, s/n.
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 08 08

981 84 36 29

medioambiente@concelloderianxo.gal

Concellería de Medio Ambiente

Medio Ambiente Medio Ambiente

Atrás

Turismo científico Rianxo

 

 

Historicamente, os mundos do turismo e da exploración científica estiveron fortemente vinculados a partir do século XIX. A noción de Turismo Científico que mobilizan numerosos autores e operadores a partir dos anos 90, e que ten diversos derivados en termos de prácticas, produtos turísticos e oferta científica divulgativa, é unha prolongación deste fenómeno.

 

Inicialmente, o chamado Turismo Científico era aquel realizado por científicos desprazados fóra do seu lugar de traballo habitual para realizar algún tipo de investigación ou traballo de campo. Na actualidade, o mesmo termo viu ampliado o seu espectro e inclúe a todo tipo de visitantes que dalgunha maneira mergúllanse no coñecemento da nova contorna visitada desde unha perspectiva científica. De feito, neste nova acepción, o Turismo Científico está a converterse nunha vía moi útil de divulgación da Ciencia, que comeza a desenvolverse de maneira moi activa.

 

Esta forma de coñecemento dos territorios, desde a óptica da ciencia, promove a creación de fórmulas transversais de difusión do coñecemento pensadas para todo tipo de visitantes, non só investigadores, senón tamén estudantes, público familiar, escolares ou calquera persoa interesada na práctica de actividades afastadas das propias do turismo de masas.

 

O Concello de Rianxo dispón de espazos naturais que supoñen verdadeiros recursos científicos que poden ser explicados dende o punto de vista da ciencia que se agocha detrás desas primeiras miraxes iniciais.

Daquela, co Turismo Científico búscase informar e achegar ao visitante a temas tan interesantes como astronomía, paleontoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, ecoloxía, botánica, medio mariño e, de paso, dar a coñecer a intensa labor de investigación que os científicos realizan para conservar e poñer en valor o patrimonio natural. O coñecemento e a difusión do mesmo son sempre a mellor base para sensibilizar na súa conservación.

 

O Turismo Científico permite crear vínculos sostibles entre Turismo, Conservación da natureza e Ciencia.

 

PROGRAMACIÓN E CONTIDOS

 

As experiencias desenvolvidas ao abeiro do Programa de Turismo Científico para RIANXO permiten ao visitante achegarse ao territorio dende a perspectiva dun observador científico.

 

O visitante entende que co Turismo científico, ademais de visitar paraxes de gran beleza, vai a aprender e entender, de maneira sinxela e sen esforzo, moito máis sobre o funcionamento da la natureza.

Mediante a creación deste tipo de iniciativas didácticas e lúdicas ligadas ao coñecemento do territorio, ponse en valor o patrimonio científico, natural e cultural do Concello de Rianxo, desde un punto de vista sustentable e rigoroso.

 

Este programa de Turismo Científico está especialmente deseñado nas características propias do territorio de Rianxo e dos seus principais recursos.

 

O obxectivo co desenvolvemento deste programa de Turismo Científico é posibilitar o acceso de todos ao coñecemento científico de forma didáctica e entretida contribuíndo a crear unha maior cultura científica social.

 

 

Verán 2017

 

 

Acción Nº1.

MEDIO MARIÑO

Título: Mytilus, o gran filtrador.

 

Descrición e obxectivos:

 

Actividade práctica achega coñecemento sobre o medio mariño, e en concreto sobre o mexillón de Galicia. Preséntase nun formato de actividades lúdicas, xogos e /ou experimentos nos que e aprender facendo.

Pretendese potenciar a familiarización con contidos científicos dende todas as idades:

  • Saber que son as mareas vermellas e a súa importancia para nós como consumidores do produto mariño.

  • Poñer en valor o traballo do mar e a súa tradición mariñeira.

  • Coñecer como é un molusco por dentro (antes de cociñalo).

  • Aprender a facer diseccións.

  • Incentivar a curiosidade polas cousas do noso entorno.

  • Tomar conciencia ambiental.

  • Aprender sobre os diferentes grupos taxonómicos.

 

Inscrición e información:

medioambiente@concelloderianxo.gal / 981860808