NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

"Caldo de Gloria" para celebrar o DÍA DE ROSALÍA

A Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística fixeron un chamamento á hostalaría rianxeira para celebrar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, coa preparación do “Caldo de Gloria”.

Estes son os establecementos que ofrecerán o CALDO DE GLORIA este sábado 24 de febreiro:

 

BAR ABUÍN (Leiro) 

BAR ATALAIA (Asados)

BAR BERBERECHO (Rianxo)

MESÓN DON PANCHO (Rianxo)

PARRILLADA OURENSE (Rianxo)

O CURRAL DO MARQUÉS  (Taragoña)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A iniciativa, que parte da Fundación Rosalía de Castro, pretende conmemorar o día do nacemento da nosa poeta nacional lembrando o poema “Miña casiña, meu lar” (Follas Novas, 1880), no que Rosalía explica como facer un caldo de gloria, as dificultades para sobrevivir da xente humilde, representada por unha muller, e como se pode ser igualmente feliz.

Esta concellaría súmase á iniciativa para contribuír a lembrar a figura de Rosalía de Castro animando a compartir en lugares públicos este caldo dos humildes, que serve tamén para celebrar a nosa cultura gastronómica popular.

E para divulgar esta participación solicita aos establecementos que preparen ese caldo de gloria, o sábado 24 de febreiro, que o comuniquen ao Servizo de Normalización Lingüística (teléf.: 881988891 / correo-e: normalizacion@concelloderianxo.gal), que se encargará de facerlles chegar carteis anunciadores e manteis de papel deseñados para a ocasión, co poema “Miña casiña, meu lar”.

Ademais anima tamén ás librarías a que poñan en lugar destacado os libros de Rosalía e que agasallen cada compra dos seus libros cunha flor á clientela. E pon a disposición de librarías e florarías un lugar habilitado na praza de Rafael Dieste para vender na rúa libros e flores.