Normalización Lingüística

- “OS BOLECHAS. DE CHISPA A TATÁ” en Asados - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

“OS BOLECHAS. DE CHISPA A TATÁ” en Asados

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, achega ao concello de Rianxo unha actividade dos Bolechas, en colaboración coa Mancomunidade Arousa Norte e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo.

Os Bolechas. De Chispa a Tatá, é un espectáculo que mestura o formato de monicreques manipulados por actores con actores reais. Os verdadeiros protagonistas da historia son, como é habitual, as nenas e nenos que participan na actividade, especialmente pensada para estudantes de educación infantil e primaria. Pero, coma sempre, as propostas dos Bolechas están pensadas para que goce e participe toda a familia.

Nesta aventura os Bolechas pérdense facendo o Camiño de Santiago e van parar á pousada de Eustaquio, a quen non lle gustan as visitas inesperadas. Alí solicitan a súa axuda para volver ao camiño, así que o pousadeiro aproveitará a presenza da familia Bolechas para probar un taboleiro de xogo que leva anos construíndo. Para conseguiren axuda aos irmáns non lles queda máis remedio que participar no xogo que ten probas teóricas e prácticas. E, para iso, van precisar toda a axuda posible; tamén a do público, que aprenderá tamén moitos datos de interese da nosa xeografía.

O espectáculo vaise celebrar o vindeiro domingo 8 de outubro, ás 17.30 h, no Centro Social de Asados. A entrada é de balde ata completar a capacidade.

A duración da función está arredor dos 60 minutos e está recomendada para maiores de 3 anos.