NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Lectura de mandas testamentarias en Rianxo para promover o uso do galego co gallo do Día de Defuntos

O Concello de Rianxo únese este ano, a traveś dunha lectura pública de mandas testamentarias, á campaña promovida pola Asociación de Funcionarios/as pola Normalización Lingüística En galego, agora e sempre, que promove o uso do galego en lápidas, necrolóxicas, actos eclesiásticos e documentos xurídicos relacionados coa herdanza.

Día: 31 de outubro

Hora: 17:30

Lugar: Cemiterio Municipal (en caso de choiva, na Casa do Concello)

É ben curioso que sendo a meirande parte das persoas moradoras nos nosos camposantos galegofalantes en vida, teñan despois que "pervivir" noutra lingua distinta á súa. Os datos son reveladores: só un 3% das esquelas e unha de cada mil lápidas están en galego.

Co fin de modificar esta situación, a Asociación de Funcionarios/as pola Normalización Lingüística promoveu distintas iniciativas, entre elas, a publicación duns libros de mandas testamentarias, que son uns pequenos textos xurídicos onde alguén recolle unha parte importante dos afectos e sentimentos que se queren transmitir aos herdeiros e a obriga de dar cumprimento ao desexo de administrar o patrimionio común: a lingua e a cultura de Galicia.