NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Escola de Familias 2019: disciplina positiva, alimentación saudable e mindfulness. Proxecto Apego en Rianxo

A Escola de Familias do Concello de Rianxo pon en marcha tres programas formativos que están relacionados cos coidados familiares máis básicos: a alimentación infantil, a crianza respectuosa e a autorregulación emocional.

Obradoiros de disciplina positiva (5 sesións), Faladoiros de alimentación saudable (5 sesións) e Mindfulness en familia (6 sesións) son os tres monográficos que se desenvolverán durante este ano a través da Escola de Familias rianxeira.

Os obradoiros están especialmente dirixidos a familias e persoas coidadoras en xeral (docentes de ensino infantil e primario, educadoras/es de garderías, persoal de ludotecas), que poderán acceder a un tipo de formación especializada a uin prezo moi reducido.

Máis información sobre a matrícula e desenvolvemento dos obradoiros no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo: Casa do Concello (antigo xulgado); Teléfono: 881 988 891; Correo elec.: normalizacion@concelloderianxo.gal