NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS LIGAZÓNS

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Acto da memoria no Cemiterio de Rianxo

O vindeiro martes 31 de outubro, ás 18:00 h, o Cemiterio de Rianxo acollerá un acto de homenaxe e lembranza ás persoas que repousan alí,  que foron transmisoras da nosa lingua durante a súa existencia e tamén a través do texto que testemuña o seu falecemento na súa lápida.

No acto de lembranza participarán Xoaquín Monteagudo, en representación da Asociación de Funcionarios para a Normalización da Lingua Galega, e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, que lerán uns textos de homenaxe a todas as rianxeiras e rianxeiros falecidos. Ademais convídase a toda a veciñanza a que participe neste acto e manifeste a vontade de seguir transmitindo a nosa lingua e a nosa cultura.

 

O acto terá un acompañamento musical da man de alumnado da Escola de Música de Rianxo.