NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Alumnado do IES Félix Muriel participa no CLUB DE DEBATE 2018

O alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo comezou onte a súa andaina no “Club de Debate 2018”, coa participación nunha xornada formativa no Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Dous grupos de mozas e mozos rianxeiros, de 3º da ESO e de 1º de Bacharelato, acompañados de dúas profesoras do centro e mais da técnica de normalización lingüística municipal, tiveron onte o seu primeiro contacto co certame de debate 2018, que organizan os servizos de normalización lingüística de distintos concellos galegos, entre os que se atopa o de Rianxo.

 

O CLUB DE DEBATE é un proxecto para a dinamización lingüística entre a mocidade, que ten como finalidade contribuír ao uso oral da lingua galega e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal, e asemade promove a reflexión, e o respecto e intercambio de opinións. Ten formato de concurso e desenvolve debates en fases comarcais que dan a clasificación para a fase final, que este ano acollerá o Concello de Ferrol.

 

O Club de Debate ten como obxectivos: favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente o uso oral en contextos formais e informais; potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria; promover o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade; fomentar a diversidade de opinións e a tolerancia fronte a diferentes cuestións, e o traballo en equipo.

 

Nesta xornada de formación participaron os equipos inscritos no club de debate da fase comarcal, que inclúe centros de ensino secundario de Pontevedra, Marín, Dodro e Rianxo. O alumnado participante recibiu información sobre o regulamento do concurso e a dinámica da actividade nesta edición (xa vai na 5ª), e formación e consellos básicos sobre o traballo en equipo para procurar información, preparar a documentación para o debate e coñecementos sobre habilidades comunicativas.

 

O desenvolvemento da fase local do concurso celebrarase en Rianxo o 7 de abril.