NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS en Rianxo

As familias do Apego e a rapazada rianxeira maior de 3 anos ten unha nova actividade de dinamización lingüística, dentro do programa Apego.

O xoves 28 de setembro, ás 19.00 h, o Liceo marítimo de Rianxo acollerá o espectáculo musical “As Parábolas de Pakolas”, da man de Paco Cerdeira.

Trátase dun espectáculo de pequeno formato no que “Pakolas” interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, que se achegan ao rock e a outros estilos que entusiasman á rapazada, e con letras axeitadas para esas idades. O fundamento da proposta aséntase na combinación das cancións coas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final a xeito de “parábola” musical da que aprender e na que pensar.

 

A actividade está recomendada para maiores de 3 anos, e para participar nela cómpre inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do concello, antigo xulgado), a través do correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 981860075, ata o 26 de setembro. A inscrición é de balde.