NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Charla: DESCUBRINDO A DISCIPLINA POSITIVA

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Diversidade, organiza unha charla de achegamento á disciplina positiva, para familias e persoas educadoras, dentro da programación do Apego.

 

Co título DESCUBRINDO A DISCIPLINA POSITIVA, a pedagoga e educadora infantil María Paredes, certificada en disciplina positiva pola Discipline Positive Association, achegará ás persoas participantes os fundamentos da disciplina positiva, e presentará recursos e ferramentas para educar con esta metodoloxía, que ten como principais obxectivos aprender a centrarse nas solucións e non no castigo, e conseguir educar con firmeza e cariño á vez.

Falaranos dos principios fundamentais da disciplina positiva baseada no respecto mutuo e interactuará coas persoas participantes sobre os recursos para evitar berros e castigos, a xestión das perrenchas e algunhas habilidades para a vida.

A charla celebrarase o mércores 7 de marzo, ás 17.00 h, no salón de actos do antigo Liceo marítimo rianxeiro, e está destinada a nais, pais e educadoras de crianzas entre 2 e 12 anos. A duración aproximada é de 120 minutos.

A actividade é de balde pero cómpre anotarse no Servizo de Normalización Lingüística (planta baixa do antigo xulgado), a través do teléfono 881988891 ou do correo-e normalizacion@concelloderianxo.gal.