Normalización Lingüística

- Concerto de EZETAERRE no IES Félix Muriel - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería Educación Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 14.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

LIGAZÓNS RIANXEIRAS

RIANXO FALA (IES FÉLIX MURIEL)

http://www.rianxofala.gal/

BICO DA RÍA (IES FÉLIX MURIEL)

​​​​​​​http://www.bicodaria.com/

RIANXEIROS
http://rianxeiros.blogspot.com.es/

CEIP ANA Mª DIÉGUEZ
http://ceipanamariadieguez.blogspot.com.es/

CEP BREA SEGADE
http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/

CEIP CASTELAO
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastelaorianxo/

CRA DE RIANXO
EDL

PATRIMONIO GALEGO EN RIANXO
http://patrimoniogalego.net/index.php/category/comarcas/barbanza/rianxo/

FUNDACIÓN CASTELAO
http://fundacioncastelao.gal/

LITERATURA PATRIMONIAL DE RIANXO
http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/

 

RECURSOS LINGÜÍSTICOS

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
https://academia.gal/

BUSCATERMOS. VOCABULARIO TÉCNICO MULTILINGÜE

https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm

APRENDER GALEGO. CURSOS E PROBAS CELGA
http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo

KIT PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (GUÍA DE SERVIZOS, CAMPAÑAS, LEXISLACIÓN...)

​​​http://kit.consellodacultura.gal/

​​​​​​​
 

COLABORAN

Normalización Lingüística

Concerto de EZETAERRE no IES Félix Muriel

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo continúa a desenvolver actividades de dinamización e normalización lingüística para a mocidade, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua do IES Félix Muriel.

Na anterior actividade achegouse o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, e desta volta o que se persegue é mostrar a creatividade da mocidade galega a través da música, e demostrar que a nosa lingua serve para transmitir e comunicar dende calquera estilo musical.

O concerto, que se celebrará o vindeiro 18 de decembro no IES Félix Muriel de Rianxo, como festexo da fin do trimestre, estará a cargo do grupo de hip-hop e rap galego: Ezetaerre.

Tal como eles mesmos se definen, son un grupo de rap combativo e en galego formado polo Garchu (A Coruña), o Petrowski (O Porriño) e o Pirola (Ourense). A súa andaina comezou na Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña, onde comparten estudos, loitas e experiencias no movemento estudantil. Despois de facer varias colaboracións e traballos, sacaron unha maqueta de presentación, o disco Aspiracións mínimas e urxentes, os singles A herdanza do vento e Non é verán de Estrella Damm, e o recente EP 100. Pero prometen seguir “dando guerra” sen esquecer nunca as tres palabras que os acompañan dende o comezo: dignidade, solidariedade e humildade.