NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS LIGAZÓNS

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Contada de SOLEDAD FELLOZA no IES Félix Muriel

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo comeza a desenvolver actividades de dinamización e normalización lingüística para a mocidade, a través da colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua do IES Félix Muriel.

 

Nesta ocasión o centro de ensino secundario rianxeiro acollerá dúas contadas da actriz, escritora e fotógrafa uruguaia, Soledad Felloza.

Baixo o título O comezo do mundo ofrecerá ao alumnado da ESO e bacharelato unha selección de contos e historias de mulleres, baseadas en mulleres ou que teñen un fío condutor común na orixe do ser humano e no valor da palabra.

 

A lingua galega será a ferramenta que axudará a reflexionar sobre a nosa vida e a rirnos de nós mesmos, pero tamén tratará, dende ópticas diversas, diferentes aspectos da sociedade, entre eles a discriminación e a violencia contra as mulleres, a tradición oral, a necesidade de comunicarnos e de respectarnos para vivir en sociedade, e o valor que ten a nosa lingua propia como parte fundamental do noso patrimonio.

 

A actividade pretende achegar o valor da oralidade ao alumnado rianxeiro, precisamente da man dunha muller (cando se celebra a semana en contra da violencia de xénero), que ademais é de fóra de Galicia pero que ao vivir na nosa terra asumiu a lingua do país como propia e que desenvolve unha parte importante do seu traballo en galego.

 

Na mañá deste venres 24 de novembro celebraranse dúas sesións, unha para primeiro ciclo da ESO e outra para alumnado de segundo ciclo e bacharelato.