Normalización Lingüística

- Convocatoria de cursos de galego Celga e de cursos de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística

Convocatoria de cursos de galego Celga e de cursos de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga (preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega) e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se van impartir nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse entre os meses de outubro a xaneiro (1º cuadrimestre) e entre febreiro e maio (2º cuadrimestre).

Os prazos de matrícula son:

- Do 2 ao 11 de setembro de 2019 para os cursos do 1º cuadrimestre.

- Do 30 de decembro de 2019 ao 10 de xaneiro de 2020 para os cursos do 2º cuadrimestre.

Convocatoria completa en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190820/AnuncioG0534-070819-0002_gl.html?fbclid=IwAR0tCDSLDO1Xi4v0JgSHTmpEDpLHyiFGEzlqqcTOWjgYWtphETbwwQMLuRY