Normalización Lingüística

- Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística

Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2

Entre o martes 25 e o venres 28 de xuño desenvolverase no Auditorio de Rianxo o curso de verán da USC, Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal.

O curso, dirixido pola profesora e escritora Teresa Moure, porá o foco nos contactos culturais  realmente existentes entre os pobos galego e portugués, e para iso trataranse temas tan diversos como a lingua, a cultura, a eutanasia, o xénero, a arte, a danza, o teatro ou a música.

Os relatorios e obradoiros son abertos para as persoas que desexen asistir, sen necesidade de formalizar a matrícula (só precisa para obter o certificado de asistencia e aproveitamento).

Información sobre o programa do curso, aquí.