NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

FÍOS DO QUERER, espectáculo musical infantil para o Apego

O Servizo de Normalización Lingüística organiza a actividade musical FÍOS DO QUERER, dentro do programa Apego.

Este espectáculo musical infantil chega da man do artista e multi-instrumentista César Freiría, coñecido artisticamente como Cé Orquestra Pantasma.

A actividade vaise desenvolver o mércores 6 de xuño, ás 19.00 h, no antigo Liceo marítimo rianxeiro (o acceso ao espazo é polo paseo marítimo).

O espectáculo está recomendado para rapazada de 0 a 5 anos (acompañados dunha persoa adulta), no que poderán bailar e cantar, e gozar de cancións sinxelas apropiadas á súa idade, que serven para as súas primeiras palabras musicadas pero tamén para arrolar, dar bicos, apertas, facer palmas e outros xogos de mans. E todo isto aprendendo a usar palabras en lingua galega que, con certeza, van asociar ao divertimento e ao coñecemento da nosa lingua propia.

Alén da música para xogar, cantar e bailar, César Freiría introduce unha exploración instrumental con axóuxeres e outros obxectos, e materiais da natureza que se poden utilizar pola súa sonoridade para facer música. Deste xeito van poder facer a súa propia descuberta dos materiais sonoros e descubrir o pracer da música, o movemento e a interacción con outras cativas.

A actividade é de balde, pero para participar cómpre inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística, a través do correo-e: normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 881988891.