Normalización Lingüística

- Formación Youtubeir@s. Lista de reprodución ao vivo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística

Formación Youtubeir@s. Lista de reprodución ao vivo

O proxecto Youtubeir@s, no que o Concello de Rianxo participa xunto con outros 13 concellos, a Deputación da Coruña e as tres universidades galegas, organiza a seguinte actividade formativa:

///////// LISTA DE REPRODUCIÓN AO VIVO ///////

O venres 28 de xuño ás 18.00 horas queremos que veñas gozar da Lista de reprodución ao vivo con algúns/algunhas Youtubeir@s do momento! A actividade desenvolverase no Centro de Estudos Avanzados da USC (Finca de Vista Alegre) en Santiago de Compostela e terá unha duración de dúas horas!

A lista de reprodución ao vivo é un encontro en directo entre youtubeir@s e público, moi similar ás bibliotecas viventes, de xeito que as persoas creadoras de contidos dixitais na Rede agardarán no seu posto as visitas d@s curios@s “espectadores/as”. Cada "vídeo vivo" contaranos a súa experiencia como youtubeir@s e iremos saltando de "vídeo" en "vídeo" como se dunha lista de reprodución se tratase.

O público poderá interacturar con cada un dos tres "vídeos vivos" que elixise previamente en quendas de 20 minutos con cada creador/a. Ao final da actividade haberá tempo de posta en común para valorar a actividade e compartir pareceres arredor da creación audiovisual na Rede.

A actividade estará dinamizada por Xandobela.

As prazas son limitadas. Se queres ter unha tarde entretida e diferente, inscríbete! Para formar parte do público desta lista de reprodución ao vivo só tes que enviar un correo cos teus datos persoais, antes do 26 de xuño, a formacion@youtubeiras.gal

CONÉCTATE Á COMUNIDADE E MULTIPLÍCATE!