NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

Obradoiro para moz@s Youtubeir@s

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Rianxo organiza un obradoiro de creación de vídeos para a plataforma Youtube.

Datas: 3 sábados en total: 23 de febreiro e 9 e 16 de marzo.

Horario: de 10:00 a 12:00 h.

Lugar: Aula de Informática do Auditorio de Rianxo.

Docentes: Miguel Silva (Aquel-e) e Román Castaño (As cousas do choio)

Idades recomendadas: mozas e mozos de máis de 14 anos.

Prazas limitadas.

Inscricións: ata o 22 de febreiro ás 14:00 h. Enviando correo electrónico a normalizacion@concelloderianxo.gal ou chamando ao teléfono 881 988 891

Este obradoiro forma parte da formación que o Concello de Rianxo vai desenvolver dentro do Proxecto Youtubeir@s 2019, iniciativa promovida polos servizos de normalización dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Cedeira, A Coruña, Moaña, O Grove, Ourense, Ribadeo, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo; así como polas tres universidades galegas e a Deputación da Coruña. O proxecto contempla a convocatoria dun certame, campañas de difusión e cursos de formación.

Para máis información sobre o proxecto Youtubeir@s 2019 poden visitan a páxina web youtubeiras.gal