NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Casa do Concello
Praza Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS LIGAZÓNS

Normalización Lingüística Normalización Lingüística

Atrás

PRENDE NO COLO, con Luís Prego

Comezamos coas actividades programadas para as familias do Apego, cun obradoiro musical infantil da man do músico, bailador e profesor de música e baile tradicional, Luís Prego.

PRENDE NO COLO é o título deste obradoiro destinado a familias con crianzas de 0 a 5 anos, no que aprenderemos cancións de berce para arrolar ás máis pequenas, pero tamén xogos e cancións infantís para implicar e axudar ás familias no proceso de aprendizaxe e de transmisión da nosas tradicións e da nosa lingua; dende cancións para aprender as partes do corpo, a xogos de descuberta e recitados sinxelos.

Esta é a primeira actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística, recentemente constituído no Concello de Rianxo, dentro do programa Apego, un programa colaborativo que desenvolven 23 concellos de Galicia e que promove a socialización en galego da primeira infancia e procura a transmisión da nosa lingua dende o ámbito familiar.

A asistencia ao obradoiro é de balde, pero cómpre inscribirse no propio Servizo de Normalización Lingüística, no primeiro andar da Casa do Concello, ou a través do correo electrónico normalizacion@concelloderianxo.gal ou do teléfono 981860075.

Nesa mesma sesión, as familias inscritas no programa Apego no Concello de Rianxo que aínda non recibiron a caixa-agasallo de benvida, terán a oportunidade de recollela.

IMAXES DA ACTIVIDADE

Anterior