Normalización Lingüística

- Programa Apego: última sesión e entrega de diplomas do Obradoiro de Disciplina Positiva - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Casa do Concello
Praza de Castelao, 1 (planta baixa, antigo xulgado)
15920 Rianxo

981 86 00 75

normalizacion@concelloderianxo.gal

https://www.facebook.com/SNLRianxo/

Concellería de Cultura, Educación, Xuventude e Normalización Lingüística

luns a venres: 08.00 - 15.00 h

 

LIGAZÓNS DE INTERESE

Normalización Lingüística

Programa Apego: última sesión e entrega de diplomas do Obradoiro de Disciplina Positiva

O mércores día 5 tivo lugar a última sesión do Obradoiro de disciplina positiva, impartido pola pedagoga María Paredes. Ata un total de 20 persoas asistiron regularmente a este obradoiro da Escola de Familias do Concello de Rianxo, que constou de cinco sesións en total, repartidas en varios mércores dos meses de maio e xuño.

A Concelleira de Benestar, Igualdade e Diversidade en funcións do Concello de Rianxo, Hadriana Ordóñez, entregou en nome do alcalde, os diplomas de asistencia ao alumnado, á vez que o animou a seguir participando nas propostas formativas que a Escola de Familias ten programadas para despois do verán: os Faladoiros de alimentación saudable e Mindfulness en familia, impartidos pola nutricionista infantil Lidia Folgar e pola psicóloga familiar de Espazo Oikos, Raquel Bello.

Os obradoiros da Escola de Familias ofrecésenlle á cidadanía a través do Proxecto Apego, un programa que pretende mellorar a socialización en lingua galega como lingua inicial.