Notas de Prensa

- Ampliación do prazo de presentación de alegacións ao Plan Xeral - concelloderianxo

Notas de Prensa

Ampliación do prazo de presentación de alegacións ao Plan Xeral

O grupo de goberno presentará o xoves 29 de xaneiro no Pleno Municipal a ampliación do prazo de exposición pública do PXOM de Rianxo, que se aumentará, de aprobarse, até o 3 de marzo.

Buscar o máximo consenso e participación pública, incorporar moitas das alegacións presentadas e seguir a traballar na mellora do plan, móvenos a presentar esta proposta que agardamos conte con amplo respaldo, pois tamén  foi solicitado pola Asociación Rianxeira de Empresarios, Leiras de Rianxo e o propio Partido Popular.

É unha vontade de diálogo e mellorar que continuará incluso despois do peche das alegacións.