Aula de Informática Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

Novas Tecnoloxías Novas Tecnoloxías

Atrás

Canle de Telegram do Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo pon en marcha unha canle de Telegram para a difusión de información municipal.

Subscríbete para recibir as alertas ao instante no teu dispositivo con Telegram de toda a información que se lanza ás redes sociais. A túa subscrición é invisible para as demais persoas subscritoras.

O Telegram é unha aplicación multiplataforma de mensaxería instantánea que podes utilizar en varios dispositivos ao mesmo tempo. A diferenza de outras aplicacións similares, é de código aberto, funciona "en nube" e sincronízase de forma transparente entre todos os dispositivos aos que a teñas conectada (móbil/es, web, programas de escritorio para Linux, Windows e Apple...). En canto á privacidade e á seguridade, as principais prioridades son a garantía de confidencialidade das conversas, a gratuidade, e a protección ante publicidade e estudos baseados no perfil dos usuarios.

https://telegram.me/concelloderianxo