Novas Tecnoloxías

- Guía de tramitación electrónica do Concello de Rianxo - concelloderianxo

INFORMÁTICA

Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira, Rianxo

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: usos programados baixo reserva

NOVAS TECNOLOXÍAS

Guía de tramitación electrónica do Concello de Rianxo

O 17 de maio é o día da Internet. Cada vez máis, a tecnoloxía permítenos avanzar no desenvolvemento dunha comunicación máis fluída entre a cidadanía e as administracións.

Con esta guía, o Concello de Rianxo pretende achegar á veciñanza os medios tecnolóxicos que están á súa disposición para faceren trámites dende a casa, dende o móbil, dende calquera lugar, sen se teren que achegar ás oficinas: presentar documentación, recibila, pagar recibos ou avisar de carencias ou desperfectos.

A tecnoloxía permite ás empresas e persoas autoempregadas, asemade, emitir facturas e participar dos procesos de licitación de forma totalmente electrónica, sen colas nin desprazamentos.