Aula de Informática Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

Novas Tecnoloxías Novas Tecnoloxías

Atrás

O Concello de Rianxo incorpórase ao Sistema de Interconexión de Rexistros

O Concello de Rianxo, xunto con outros seis concellos da provincia, será pioneiro na conexión dunha entidade local ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), que permitirá conectar todos os rexistros das oficinas da Administración do Estado, dentro dunha iniciativa do equipo de implantación da administración electrónica da Deputación da Coruña, entidade que xestiona nos concellos da provincia a entrada en vigor da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Isto significa que calquera persoa poderá presentar documentación no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo dirixida a calquera outra administración do Estado integrada no SIR, tanto da administración central como das comunidades autónomas e as entidades locais.

Asemade, calquera persoa poderá presentar documentación dirixida ao Concello de Rianxo nalgún dos puntos de rexistro habilitados nas administracións do Estado e nalgunhas outras institucións como oficinas de Correos ou universidades. A listaxe de entidades adheridas incorpora novas oficinas cada día, e o obxectivo é acadar a inclusión total de todas as administracións autonómicas e locais do Estado.

A documentación que se presenta nestas oficinas será dixitalizada ao instante e enviada ao seu destino con plenas garantías xurídicas, e estará dispoñible ao instante na administración de destino.

Esta actuación complementa a posta en marcha da Sede Electrónica do Concello de Rianxo, que permite ás persoas físicas e xurídicas a presentación de documentación de forma telemática, e as Notificacións Telemáticas, que permiten a emisión de notificacións por medios electrónicos ao cidadán con plenas garantías xurídicas.

Entre as vindeiras actuacións previstas no eido da administración electrónica para o noso concello, contémplase a posta en marcha do Rexistro Electrónico de Apoderamentos,  a mellora da Sede Electrónica, a dixitalización total dos expedientes e da documentación presentada no rexistro, e a integracion coa plataforma de intermediación PasaXe.