Aula de Informática Aula de Informática

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa Autores da Rianxeira
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 100 688 - 667 18 55 77

informatica@concelloderianxo.gal

luns a venres: 09.00 - 14.00

Novas Tecnoloxías Novas Tecnoloxías

Atrás

Posta en marcha das notificacións telemáticas no Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo pon en marcha un proxecto piloto da Deputación da Coruña para emitir notificacións electrónicas daqueles expedientes para os que as persoas solicitantes o requiran.

A notificación electrónica é un mecanismo telemático de notificación contemplado na Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Substitúe a notificación en papel e ten plena validez xurídica.

O servizo de notificacións co que se integra a administración electrónica do concello é a plataforma Notific@ da Xunta de Galicia: notifica.xunta.gal

As persoas físicas e xurídicas que desexen ser notificadas de forma telemática, deben indicalo expresamente nas solicitudes, e indicar un enderezo de correo propio ao que chegarán os avisos. A continuación, para poder acceder e consultar as notificacións a través da plataforma Notific@, necesitarán un certificado dixital ou DNI electrónico.

Esta nova funcionalidade vén complementar o funcionamento da Sede Electrónica do Concello de Rianxo e a inminente posta en marcha da fase final da dixitalización documental completa da administración do noso concello, que permitirá á cidadanía xestionar e facer un seguimento de todos os seus expedientes coa administración de forma telemática.

En concelloderianxo.gal/notifica está dispoñible un pequeno manual de axuda.