Oficina de Rehabilitación dos núcleos de Rianxo, Rianxiño e Fincheira Oficina de Rehabilitación dos núcleos de Rianxo, Rianxiño e Fincheira

Adro, 2
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 866 350

981 866 628

odr@concelloderianxo.gal

Concellería de Urbanismo, Industria, Comercio, Mar e Novas Tecnoloxías

luns a venres: 10.00 - 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.00

Persoal Persoal

Carlos Henrique Fernández Coto
Arquitecto

carloshenrique.fernandez@concelloderianxo.gal

Susana Holgado Herrero
Administrativa

susana.holgado@concelloderianxo.gal

Oficina da Área de Rehabilitación Oficina da Área de Rehabilitación

Atrás

Convocatoria de axudas na ARI

Corrección de erros.

Bases reguladoras para a concesión de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana, nos núcleos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño 6ª fase

 

ANTECEDENTES

o día 14/12/2017, publicouse no BOP as bases reguladoras para a concesión de axudas á rehabilitación de edificios e vivendas na área de rexeneración e renovación urbana, nos núcleos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño 6ª fase.

 

FUNDAMENTACIÓN

Ditas bases están suxeitas a orde publicada no BOP o 30/06/2017 “Orde do 23 de xuño de 2017 pola que se procede a abrir o prazo para solicitar a participación na prórroga do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas , a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as súas bases reguladoras a as das axudas autonómicas previstas para este programa.”

 

Como di o seu:

Artigo 12. Subvencións estatais

1. A contía máxima das axudas contidas no Plan estatal 2013-2016 non poderá exceder o 35% do custo subvecionable da actuación e calcularase multiplicando o número de vivendas polas axudas unitarias establecidas a continuación:

- Ata 11.000 euros por vivenda obxecto de rehabilitación.

 

Artigo 13. Subvencións autonómicas

O IGVS, con cargo aos seus orzamentos, subvencionará as actuacións nas ARI declaradas na contía máxima seguinte:

- Ata 4.000 euros por vivenda obxecto de actuación de rehabilitación, sen que a subvención poida exceder o 10% do orzamento protexido de rehabilitación da vivenda ou edificio.

 

Nas ditas bases na súa base 3ª contía das axudas económicas e orzamento protexible, no seu punto 3 a distribución farase do seguinte xeito, observasen que hai uns erros materiais incluíndo a palabra media na redacción dos seus parágrafos.

 

No momento de detectar o erro as bases xa están publicadas.

 

De acordo co artigo 192 da Lei 39/2015, as administracións poderán rectificar en calquera momento de oficio ou a instancia dos interesados os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

 

PRIMEIRO

 

Corrixir as bases reguladoras, como se indica:

 

Onde di:

 

“Establecese unha subvención do 35% do custo subvencionable das actuacións, por parte do Ministerio, e a subvención media non poderá exceder de 11.000 euros por vivenda.”

 

“Establecese unha subvención do 10% do custo subvencionable das actuacións, por parte da Xunta de Galicia, e a subvención media non poderá exceder de 4.000 euros por vivenda.”

 

Debe dicir:

 

“Establecese unha subvención do 35% do custo subvencionable das actuacións, por parte do Ministerio, e a subvención non poderá exceder de 11.000 euros por vivenda.”

 

“Establecese unha subvención do 10% do custo subvencionable das actuacións, por parte da Xunta de Galicia, e a subvención non poderá exceder de 4.000 euros por vivenda.”

Seguinte