Oficina de Rehabilitación

- Rexistro de Rehabilitación: Rehabilita unha casa en Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Adro 2, Rianxo

981 866 350

981 866 628

odr@concelloderianxo.gal

Concellería de Urbanismo

luns a venres: 10.00 - 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.00

Persoal

Carlos Henrique Fernández Coto
Arquitecto

carloshenrique.fernandez@concelloderianxo.gal

Susana Holgado Herrero
Administrativa

susana.holgado@concelloderianxo.gal

Oficina da Área de Rehabilitación

Rexistro de Rehabilitación: Rehabilita unha casa en Rianxo

O programa "100 Casas, Historias, Soños... Agardan por ti. Rehabilita unha casa en Rianxo", pioneiro e único en Galicia, trata de poñer a disposición de calquera persoa unha bolsa de casas unifamiliares dentro do municipio de Rianxo, tanto no ámbito urbano como no rural, para que poidan ser rehabilitadas e rehabitadas, como primeira ou como segunda residencia.

A tal efecto, será a Oficina Municipal de Rehabilitación a que supervisará tódolos datos aportados, tanto polos propietarios de casas como polos demandantes de casas.

O Concello de Rianxo difundirá, a través dos medios de comunicación convencionais e tamén a través das redes sociais, a bolsa de vivendas inscritas.

Ofrecerá un completo asesoramento a ámbalas dúas partes para conseguir o primeiro obxectivo –o de conseguir que os demandantes adquiran en réxime de compravenda, aluguer ou aluguer con opción de compra- unha das casas inscritas no rexistro.

Tamén a Oficina Municipal de Rehabilitación asesorará sobre a propia obra de rehabilitación, tanto na supervisión do proxecto como no proceso da obra, a fin de conseguir unha rehabilitación de calidade e a recuperación da nosa Arquitectura Popular.