Ordes do día das sesións plenarias Ordes do día das sesións plenarias

Atrás

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 22 de febreiro de 2018

O vindeiro xoves 22 de febreiro de 2018, ás 20.00 h, na Casa do Concello, convócase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta núm. 1/2018 do Pleno en sesión ordinaria do 25/01/2018.
2. Dación de conta das Resolucións da Alcaldía e das Actas da Xunta de Goberno.
3. Informe de seguimento do Plan de Axuste 2012-22 relativo ao 4º trimestre de 2017.
4. Adhesión ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a federación galega de Municipios e Provincias para fomentar a implantación e fixación de empresas en galicia mediante a creación da iniciativa "Concellos doing business".
5. Recoñecemento extraxudicial 4/2018. Aprobación das facturas incluídas na relación F/2018/4 e
H/2018/1.
6. Moción do BNG: apoio á folga internacional de reivindicación feminista do 8 de marzo.
7. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: apoio á folga feminista do vindeiro 8 de marzo.
8. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Rianxo libre de machismos nos espectáculos e festas populares".
9. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: solicitar ao goberno as accións oportunas para que AUDASA pague integramente o IBI.
10. Rogos e preguntas.