Ordes do día do Pleno

- Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 28 de novembro de 2019 - concelloderianxo

Ordes do día das sesións do Pleno

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 28 de novembro de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación municipal para o xoves 28 de novembro de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta nº 14 /2019 do Pleno en sesión ordinaria do 31/10/2019 e da acta nº 16/2019 do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 7/11/2019.
2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno.
3. Aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Rianxo.
4. Moción para a defensa da igualdade de trato entre as parellas de feito e os matrimonios no acceso á pensión de viuvez. 
5. Moción en apoio das iniciativas de carácter laboral.
6. Moción: a posta en funcionamento dun Centro de Día para persoas maiores en Rianxo.
7. Moción: declaración do Río Te como Espazo Natural de Interese Local.
8. Moción: adecuación integral da pista de Outeiro-Campelo ( O Araño).
9. Con motivo do día 25 de novembro, Día Internacional conta a Violencia de Xénero, para a súa consideración, debate e posterior aprobación polo Pleno do Concello de Rianxo.
10. Declaración de Aldea Modelo a un núcleo rural do Concello de Rianxo.
11. Rogos e preguntas.