Ordes do día das sesións plenarias Ordes do día das sesións plenarias

Atrás

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 5 de abril de 2018

O vindeiro xoves 5 de abril de 2018, ás 20.00 h, na Casa do Concello, convócase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA

1. Aprobación da acta núm. 2/2018 da sesión ordinaria do Pleno do 22/02/2018.
2. Dación de conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno.
3. Dación de conta da aprobación do plan orzamentario a medio prazo 2019-21.
4. Ratificación da Resolución da Alcaldía núm. 257/2018: "Modificacións das emendas solicitadas pola Deputación Provincial da Coruña do POS 2018".
5. Incoación do expediente de merca do inmoble do Pazo de Rianxiño.
6. Moción: solicitude á Real Academia Galega para que se lle dedique o día das Letras
Galegas 2019 a Ricardo Carvalho Calero.
7. Moción: redacción da Ordenanza municipal de garantía básica cidadá.
8. Moción: mesa de diálogo para o transporte público.
9. Moción: mantemento de pensións dignas para os galegos e galegas.
10. Rogos e preguntas.

A sesión emitirase en directo na canle de Youtube do Concello de Rianxo.