Ordes do día das sesións plenarias Ordes do día das sesións plenarias

Atrás

Orde do día da sesión plenaria ordinaria do 29 de xuño de 2017

O vindeiro xoves 29 de xuño de 2017, ás 20:00 horas, na Casa do Concello celebrarase unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

ORDE DO DÍA:

1. Aprobación da acta nº 5/2017 do pleno en sesión ordinaria do 25/5/2017.
2. Información das Resolucións de Alcaldía e Actas da Xunta de Goberno.
3. Aprobación definitiva da modificación do estudo de detalle para o sinalamento de aliñacións e rasantes e ordenación de volumes do Plan Parcial SAU 2 RIANXO.
4. Moción para solicitar o selo de recoñecemento Cidade Amiga da infancia, de UNICEF.
5. Protocolo de colaboración para o desenvolvemento da campaña EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA.
6. Estudo para a municipalización do servizo de abastecemento de auga potable, sumidoiro e depuración de augas.
7. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Cambio do papel do Concello na Festa da Xouba para lograr unha maior incidencia da mesma".
8. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Creación dunha mesa conxunta de seguimento de mocións presentadas no pleno polas diferentes formacións".
9. Moción do grupo municipal Rianxo en Común: "Establecemento da liña base de emisións CO2 e propostas de intervención para a súa redución".
10. Rogos e preguntas.