Punto de información Catastral (PIC) Punto de información Catastral (PIC)

O Concello de Rianxo puxo en marcha este novo servizo ante a necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral que solicita a veciñanza que non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados.

O acceso aos datos catastrais protexidos a través do Punto de Información Catastral só poderá recoñecer ás propias persoas titulares, aos seus representantes ou persoas autorizadas pola titular catastral, de forma expresa, específicamente e por escrito.

Os Puntos de Información Catastral unicamente poden certificar a titulares catastrais ou a quen eles autoricen, NON CABE polo tanto certifica,r en caso de PERSOAS FALECIDAS ou que non figuren na base de datos como titulares catastrais. Nestes casos deben acudir SEMPRE á Xerencia Territorial do Catastro.

A Situación do Punto de Información Catastral (P.I.C.) do Concello de Rianxo é a seguinte:

Praza de Castelao, nº 7 (Edif. Colón) - 1ºE

15920 Rianxo (A Coruña)

O horario de atención é os martes e xoves, de 8:00 a 14:00 h polas mañás, e de 17:00 a 19:30 h polas tardes.

Máis información no teléfono: 981866661