Portada

Concello de Rianxo - concelloderianxo

ACTUALIDADE

Nova convocatoria das probas de acreditación dos niveis de lingua galega Celga, niveis 2 e 4

A Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4 que terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. Persoas destinatarias: maiores de 16 anos, nacionais ou estranxeiras Prazo de matrícula: ata o 1 de outubro de 2019 Lugares de realización das probas: Santiago de Compostela e Ponferrada. Texto da convocatoria:

XVI Feirón mariñeiro "A feira de 1919"

O xoves 19 de setembro Rianxo retrocede un século no tempo no XVI Feirón Mariñeiro: artesanía, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa, rematados pola Noite Folc  coas agrupacións Lumieira, Os Melidaos e Tiruleque. Toda a xornada no casco vello da vila.

Festas da Guadalupe 2019

Rianxo inicia a súa semana grande das Festas da Guadalupe, organizadas pola Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo "A Moreniña", do 13 ao 20 de setembro. Toda a programación dos festexos está dispoñible no sitio web festasdaguadalupe.gal

Axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar e roupa e material deportivo para o curso 2019-2020

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS 1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de: Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias) Material escolar Roupa e material deportivo 2. O alumnado de ensino primario e secundario obrigatorio poderá acceder ás axudas de: Material escolar: débese acreditar que coa axuda recibida da Consellería de...

Obradoiro de creación literaria As liñas no espello

A Escola de Escritores da AELG e o Concello de Rianxo convocan unha nova edición do Obradorio de creación literaria. Este ano baixo a denominación As liñas no espello, será tamén impartido polo novelista e poeta Antón Riveiro Coello, cunha sesión maxistral a cargo de Inma López Silva. O obradoiro desenvolverase nos sábados de outubro, novembro e decembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Está destinado a persoas maiores de 15 anos que...

Malo será!

O vindeiro domingo 8 de setembro, ás 20:00 horas, realizarase a gravación do programa Malo será! no Auditorio de Rianxo. As entradas están a venta en A taquilla. A Taquilla

Viladomar - máis alá dos muros

  Viladomar - máis alá dos muros, laboratorio de arte pública para a vila de Rianxo, organizado pola Asociación Ondiñas Mainas de Rianxo. Do 6 ao 13 de setembro, en diversos espazos de Rianxo, Isorna e Araño, cos artistas Mutante Creativo de Ordes, Batalla de Rianxo, Cestola na Cachola de Almería, Doa de Sober e Nana de Ordes.

Escola de Familias. Faladoiros de alimentación saudable

O Concello de Rianxo abre o prazo para matricularse no obradoiro Faladoiros de alimentación saudable, dentro do programa da Escola de Familias 2019. Datas: 5 sesións (25 de setembro, 2, 9, 16 e 23 de outubro. Todos mércores) Hora: de 18.30 a 19.30 Lugar: Auditorio de Rianxo Persoas destinatarias: familias con crianzas, persoal educativo (docentes de ensino infantil e primario, educadores/as de garderías, persoal de ludotecas, responsables de comedores...

Actividades formativas audiovisuais

​​​​​​​   Coa colaboración dos catro concellos da Arousa Norte e da Deputación da Coruña, a Asociación Alberto Romero volve ofrecer un ano máis os cursos de formación básica de como realizar unha curtametraxe.  Están programados para os meses de outubro e novembro nos catro concellos da Arousa Norte (Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e son gratuítos. Os cursos terán lugar os sábados e divídense en grupos de primaria polas mañás e de maiores de...

PROXECTO EIXO: Acción formativa correspondente ao certificado de profesionalidade de comercio e loxística

A Deputación Provincial da Coruña vai realizar un Curso de comercio e loxística dirixido a persoas mozas menores de 30 anos, inscritas na Oficina de Emprego correspondente e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de preinscripción é ata o día 13 de setembro de 2019 ás 14:00 horas, no Servizo de Persoal e Emprego Servizo de Orientación Laboral do Concello de Rianxo. A finalidade deste curso é formar para o traballo, proporcionando unha...

Vértice de versos

Documental "Vértice de versos", con posterior coloquio co director Carlos Lorenzo. Venres 6 de setembro ás 21:00 h na Biblioteca Municipal de Rianxo

V Slálom Concello de Rianxo

O sábado 7 de setembro celebrarase a 5ª edición do Slálom Concello de Rianxo. A proba está organizada pola Escudería Rallyactividad Competición, conta coa colaboración do Concello de Rianxo e desenvolverase no Polígono Industrial de Té entre as 12:30 e as 18:30 h. A proba é de carácter nacional e será puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom. Admitiranse vehículos da agrupación I á VI e poderán participar toda clase de vehículos de turismo, con carrocería cerrada ou...

III Tríatlon Concello de Rianxo

O sábado 7 de setembro disputarase en Rianxo o III TRÍATLON POPULAR CONCELLO DE RIANXO. Bases de organización do III Tríatlon Federación Galega de Tríatlon...

I Bandeira promoción traiñeira feminina "Concello de Rianxo"

O sábado 31 de agosto, ás 18:30 h, disputarase a primeira edición da Bandeira de Traiñeiras de promoción feminina, organizada polo Club Remo Rianxo e coa colaboración do Concello de Rianxo.

VI Open de Andainas - Copa de andainas populares de regularidade - Barbanza 25 km

O 29 de setembro celebrarase en Rianxo a terceira edición da Andaina Barbanza 25 km, do VI Open de Andainas de Galicia, organizada por Vintedouspés Barbanza, en colaboración co Concello de Rianxo. Hai dous percorridos distintos: - Unha ruta de 25 km (oficial) de dificultade media e cunha duración aproximada de 5 horas. - Outra ruta de 15 km (opcional), tamén de dificultade media e cunha duración aproximada de 3 horas A saída e a chegada de ambas rutas será...

Xoves 29 de agosto, observación astronómica

O sábado 29 de agosto, ás 22.00 horas, no Paseo da Ribeira (zona do busto de Castelao) terá lugar unha observación astronómica. No caso de condicións meteorolóxicas adversas trasladarase para outra data.

XV Ciclo de Bandas: Banda da Escola de Música de Rianxo

O sábado 31 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o peche do XV Ciclo de Bandas co concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo.

Domingo 25 de agosto, observación astronómica

No Paseo da Ribeira, na zona do busto de Castelao, o domingo 25 de agosto a partir das 22.00 horas, realizarase unha observación astronómica.

XI Torneo Internacional de Xadrez Concello de Rianxo

Este sábado, Rianxo converterase, un ano máis, na capital galega do xadrez, coa disputa do

XVII TROFEO DE FÚTBOL CONCELLO DE RIANXO

Os tres clubs de fútbol do concello con equipo sénior (CCD Taragoña, SD Araño e CD Unión)  competirán polo trofeo do Concello, organizado nesta edición polo CD Unión. O trofeo disputarase o domingo, 25 de agosto, no Campo Municipal de Vilas, a partir das 19 h e a orde dos partidos será a seguinte: 19:00 h SD Araño vs. CCD Taragoña. 20:00 h CD Unión vs. perdedor 1 21:00 h CD Unión vs. gañador 1

Convocatoria de cursos de galego Celga e de cursos de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia

A Xunta de Galicia convoca cursos de lingua galega Celga (preparatorios das probas de acreditación dos distintos niveis do certificado de lingua galega) e cursos de linguaxe administrativa media e superior que se van impartir nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Os cursos Celga son presenciais e os de linguaxe administrativa poden cursarse presencialmente ou en liña e desenvolveranse entre os meses de outubro a xaneiro (1º cuadrimestre) e entre febreiro e maio (2º...

Horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos do 19 ao 25 de agosto

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 19 ao 25 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

Residencia de escritoras/es e pensadoras/es no Verán 2019

AVISO: a conferencia e o obradoiro de María Ovelar realizarase no Cuartel Vello de Rianxo, que se atopa na Praza de Castelao en Rianxo. No mes de agosto comezan as residencias de escritoras/es e pensadoras/es organizadas por Axóuxere Editora, coa colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo e que se desenvolverán entre o devandito mes e mediados de decembro. As persoas seleccionadas foron cinco: María Ovelar (agosto), Marina García López...

Torneo de Tenis

O vindeiro 16 de agosto vaise celebrar unha nova edición do Torneo de Tenis de verán 2019. Dúas son as categorías nas que se poderá participar: de 7 a 10 anos (minitenis), e de 10 ata 14 anos (tenis). As inscricións poderán formalizarse ata o 14 de agosto no Pavillón Municipal de Rianxo.

Música na noite, Manoele de Felisa

O vindeiro venres 16 de agosto, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste, Manoele de Felisa achégase co seu novo espectáculo: A estrada da vida, 20 aniversario. A proposta forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, trasládase para o Auditorio de Rianxo

Trasládase ao auditorio de Rianxo. Entrada de balde ata completar capacidade, máximo 2 por persoa, dispoñibles desde unha hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio. O venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, terá lugar na Praza de Rafael Dieste, un concerto da Banda de Música Isabel II de Touro, enmarcado do XV Ciclo de Bandas de Música organizado pola Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña.  

V Festa da Solla en Leiro

O próximo sábado 10 de agosto, a Asociación de Solleiros do Ulla organiza a V Festa da Solla do Ulla na Praza da Veliña de Leiro. Ás 14.00 horas dará comezo a festa cun pregón seguido do xantar. Haberá racións de solla cocida e frita. É preciso reservar no seguinte teléfono 679 960 079. Conta coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña.

Xantar Festeiro Guadalupe 2019

Dende o próximo luns 12 de agosto xa podes anotarte para participar no Xantar Festeiro Guadalupe 2019.  

Becas do Mec para estudos non obrigatorios

  O Ministerio de Educación e Formación Profesional convoca bolsas para estudantes que cursen estudos postobrigatorios, con validez en todo o territorio nacional, para o vindeiro curso académico 2019-2020. Poderán solicitar as axudas para estudos de bacharelato, formación profesional, ensinos artísticos e...

Horarios de apertura e aluguer dos pavillóns polideportivos do 5 ao 18 de agosto

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 5 ao 18 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

APRÁZASE a Observación astronómica do martes 6 de agosto

As condicións meteorolóxicas para o martes 6 de agosto non son favorables, polo tanto, a Observación astronómica prevista, APRÁZASE ata novo aviso. En breve anunciarase a nova data.  

Prazo de inscrición para a preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria

Do 2 ao 30 de setembro é o prazo de inscrición para as clases de preparación para o título de Graduado en Educación Secundaria.

X Festa do Mexillón en Rianxo

O sábado 3 e o domingo 4 de agosto celébrase en Rianxo a X Festa do Mexillón organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón e o Club de Remo de Rianxo. Finalmente a carpa estará situada no Campo de Arriba de Rianxo.  

Noites de Jazz, concertos

Noites de Jazz, concertos

Música na noite: Os sobraos de Bergondo

Dentro da X Festa do Mexillón de Rianxo, o sábado 3 de agosto terá lugar no Campo de Arriba un concerto a cargo do grupo Os sobrados de Bergondo. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Creactivity na Praza de Castelao en Rianxo

Creactivity da Obra Social "laCaixa" fai parada en Rianxo, na Praza de Castelao, o luns 19 e o martes 20 de agosto. Os obradoiros e as visitas poden realizarse no horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas. É un espazo-obradoiro para nenos e nenas a partir de 7 anos onde se practica a arte de pensar coas mans, con elementos ideados para fomentar a creatividade, o espírito emprendedor, a cooperación e a reflexión.

Exposición pública das zonas de prevención do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais

Publícanse para a exposición ao público os planos das zonas de prevención do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais. Planos das zonas de prevención (PDF 298,5 MB)

XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía

O sábado 17 de agosto, ás 21.30 horas, na Praza de Rafael Dieste terá lugar o XVII Festival de música e baile tradicional Aleivosía organizado pola Asociación Sociocultural Aleivosía.

Viaxe á illa de Ons

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Ons o sábado 17 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

Viaxe á illa de Sálvora

O Concello de Rianxo organiza unha excursión turística á illa de Sálvora o venres 9 de agosto. É preciso reservar praza no teléfono 607 91 15 23.

Orde do día da sesión ordinaria do Pleno da Corporación do 1 de agosto de 2019

Convocouse unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal para o vindeiro xoves 1 de agosto de 2019, ás 20.00 h, na Casa do Concello, coa seguinte ORDE DO DÍA: Aprobación da acta nº 10/2019 do Pleno en sesión extraordinaria urxente do 08/07/2019 ​​​​​​​Aprobación da acta nº 9 /2019 do Pleno en sesión organizativa do 18/07/2019 Dación de Conta das resolucións da Alcaldía e das actas da Xunta de Goberno Rogos e preguntas

2ª ruta do Apego de Rianxo: O Castelo da Lúa e os grafitteiros do pasado (actividade adiada para o 3 de agosto)

Ruta histórica, literaria e paisaxística para familias con crianzas. Día: sábado, 27 de xullo (adiada para o sábado, 3 de agosto). Hora: 11:00 Punto de encontro: Lavadoiro da aldea do Pazo (preto do Castelo da Lúa) Idades recomendadas: persoas acompañadas con crianzas de 0 a 11 anos. Inscrición: Correo electrónico: normalizacion@concelloderianxo.gal...

Estrea da curtametraxe do Campamento Urbano Audiovisual

O vindeiro domingo 28 de xullo, ás 21:30 horas, estrearemos na Praza Rafael Dieste a curtametraxe realizada polos mozos e mozas participantes no Campamento Urbano Audiovisual. Non a perdas!!!  

Traslado para o Auditorio de Rianxo

A película prevista para hoxe xoves 25 de xullo, por mor da adversidade meteorolóxica, trasládase para o Auditorio de Rianxo. A entrada é de balde ata completar capacidade e pode retirarse dende ás 21.30 horas na billeteira do auditorio.

Bando polo 25 de xullo de 2019

Veciños e veciñas, desde hai cen anos as Irmandades da Fala reunidas en Compostela fixaron o 25 de xullo como o Día da Patria Galega, unha xornada que un ano despois virou en festa e reivindicación colectiva da Nosa Terra. Na exposición do Consello da Cultura Galega, que tivemos até hai uns días exposta no Auditorio, vimos como un Castelao exiliado pronuncia nesta data o célebre discurso Alba de Groria en 1948 e onde sinala o 25 e xullo como a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os...

XVI Bandeira de Traiñeiras Concello de Rianxo

O domingo 28 de xullo diputarase en Rianxo a XVI Bandeira de Traiñeiras "Concello de Rianxo", organizada polo Club de Remo Rianxo e o Concello de Rianxo. A regata pertence ao calendario da LGT-A 2019, da que o Club de Remo Rianxo forma parte. A cita é partir das 12:00 h. no peirao de Rianxo.

Feira do libro en Rianxo

Do 25 ao 28 de xullo, en Rianxo vai celebrarse a Feira do Libro. Programa de actividades do xoves 25 de xullo. Programa de actividades do venres 26 ao domingo 28 de xullo.

MULLERES REDEIRAS: Mostra de reparación das redes de pesca

A Aula Activa do Mar organiza a actividade MULLERES REDEIRAS: mostra de reparación das redes de pesca, enmarcada dentro da Festa Gastronómica dos Produtos do Mar de Rianxo, na que se amosará o traballo das redeiras. Preténdese difundir e  poñer en valor un oficio tradicional desempeñado  maioritariamente por mulleres, estas realizan un labor manual de reparación e confección de redes, diferentes en función do tipo de arte de pesca, da técnica de confección da rede... A...

Horarios de apertura e aluguer do 22 de xullo ao 4 de agosto.

Actualízanse os horarios de apertura e aluguer das instalacións deportivas municipais do 22 de xullo ao 4 de agosto. As reservas poden facerse no Pavillón de Rianxo (981 866 110).

A gata con zocos, comedia musical

A compañía a Cova as Letras presenta a comedia musical A gata con zocos acompañada da Banda da Escola de Música de Rianxo. O espectáculo terá lugar o mércores 24 de xullo, ás 22.00 horas, na Praza de Rafael Dieste en Rianxo. A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.