Procesos Selectivos Procesos Selectivos

Atrás

Listaxe de contratación temporal de persoal mecánico

O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de persoal mecánico.

O prazo de presentación de instancias será desde o 23/05/2018 ata o 29/05/2018 (ambos incluídos).

No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do concello será necesario adiantala por fax ao núm. 981.866.628 ou por correo electrónico a emprego@concelloderianxo.gal, antes do remate do prazo, para ser tida en conta.

As instancias para participar neste proceso poden recollerse no mostrador de información do concello, neste sitio web e na Sede electrónica municipal (sede.concelloderianxo.gal). Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación mínima para ter en conta.

Anuncio

Bases de selección

Instancia

Anexo II - declaración responsable de cumprimento dos requisitos

Anexo III - declaración responsable de posesión dos orixinais

Corrección de erros das bases específicas (24-05-2018)

 

Seguinte