Recadación Recadación

Edificio Colón 1ºE
Praza de Castelao, 7
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 66 61

recadacion@concelloderianxo.es

Concellería de Economía e Facenda

luns a venres: 8.00 a 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.30

Recadación Recadación

Atrás

Cobramento en período voluntario das taxas por ocupación de terreos de uso público con finalidade lucrativa: mesas,cadeiras outros elementos análogos

Durante o período comprendido entre o 1 de agosto e o 2 de outubro do exercicio 2018, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO MUNICIPAL CON MESAS, CADEIRAS, TRIBUNAS, TABOADOS E OUTROS ELEMENTOS ANÁLOGOS, CON FINALIDADE LUCRATIVA.

Lugar de ingreso: oficinas de Abanca e resto de entidades colaboradoras.

Cargo das domiciliacións:

- Taxa por ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa: 4 de setembro de 2018.

Cando se esgote o prazo do período voluntario os débitos non satisfeitos serán incluídos automaticamente: primeiro, na recarga executiva do cinco por cento; segundo, na recarga de prema reducida do dez por cento; e terceiro, na recarga ordinaria do vinte por cento e xuros de demora, que se cobrarán pola vía administrativa de constrinximento, de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.

Seguinte