Recadación Recadación

Edificio Colón 1ºE
Praza de Castelao, 7
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 66 61

recadacion@concelloderianxo.es

Concellería de Economía e Facenda

luns a venres: 8.00 a 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.30

Recadación Recadación

Atrás

Cobranza en período voluntario das taxas por recollida de lixo, segundo cuadrimestre

 Durante o período comprendido entre o 1 de xullo  e o 2 de setembro do exercicio 2014, de acordo co que dispoñen os artigos 24 e 68 do vixente Regulamento Xeral de Recadación, terá lugar a cobranza en período voluntario dos seguintes tributos:

  • Taxa por servicios de recollida de lixo, correspondente ó segundo cuadrimestre do 2014

Lugar de Ingreso: Oficinas Novagalicia Banco e resto de Entidades Colaboradoras.

Cargo de domiciliados: 4 de xullo de 2014

Os documentos de ingreso das liquidacións non domiciliadas en contas de entidades financeiras enviaranse por correo ordinario aos domicilios dos contribuíntes. Este envío non ten carácter de notificación, polo que a non recepción non exime os contribuíntes da súa obriga de ingreso da débeda no prazo sinalado. Se algún contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá solicitalo nas oficinas de Recadación deste Concello.

Esgotado o prazo do período voluntario, os débitos non satisfeitos durante o mesmo quedarán incursos automáticamente, primeiro, no recargo executivo do cinco por cen, segundo, no recargo de apremio reducido do dez por cen e terceiro, no recargo ordinario do vinte por cen e xuros de demora, procedéndose ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento de acordo cos preceptos do mencionado Regulamento Xeral de Recadación.