Recadación Recadación

Edificio Colón 1ºE
Praza de Castelao, 7
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 66 61

recadacion@concelloderianxo.es

Concellería de Economía e Facenda

luns a venres: 8.00 a 14.00
martes e xoves: 17.00 - 19.30

Recadación Recadación

Atrás

Punto de Información Catastral P.I.C.

PIC: Punto de Información Catastral

Por parte do Concello de Rianxo ponse en marcha un novo servizo pola necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral por parte de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados.

O acceso aos datos catastrais protexidos a través do Punto de Información Catastral, só podrá recoñecer aos propios titulares, aos seus representantes ou persoas autorizadas polo titular catastral, de forma expresa, específicamente e por escrito.

Os Puntos de Información Catastral únicamente poden certificar a titulares catastrais ou a quen eles autoricen, NON CABE polo tanto certificar en caso de FALECIDOS ou persoas que no figuren na base de datos como titulares catastrais. Nestes casos deben acudir SEMPRE á Xerencia Territorial do Catastro.

A Situación do Punto de Información Catastral (P.I.C.) do Concello de Rianxo é a seguinte:

Pza Castelao nº 7 (Edf. Colón) 1ºE

15920 Rianxo (A Coruña)

En Horario de 8:00 a 14:00 polas mañas e de 17:00 a 19:30 polas tardes os martes e os xoves.

TFN: 981866661