Os Plenos Organizativos da Corporación Municipal dos días 09/07/2015 e 30/07/2015 acórdase a proposta da  Alcaldía relativa ao nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados.

CONSELLOS ESCOLARES
  • CEIP "A. Mª Diéguez" (Asados): Dª Adelina Ces Quintáns. Suplente: Hadriana Ordóñez Otero.
  • CEIP "Brea Segade" (Taragoña): Hadriana Ordóñez Otero. Suplente: Adelina Ces Quintáns
  • IES "Félix Muriel": D. Adolfo Muíños Sánchez. Suplente: Raquel García Abuín.
  • CEIP "A.D.R. Castelao": Dª Raquel García Abuín. Suplente: Adolfo Muíños Sánchez
  • C.R.A.: D. Xusto Xosé Ordóñez Figueira. Suplente: Adelina Ces Quintáns.
ESCOLA INFANTIL "A GALIÑA AZUL"

Conforme ao Convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Rianxo para a xestión da Escola Infantil "Galescola de Rianxo" integrada na Rede Galega de Escolas Infantís (Galescolas), asinado o 04/01/2007, así como o Regulamento de organización e funcionamento das 11 Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio:

  • Comisión Mixta (artigo 8A do regulamento): o Alcalde ou persoa en quen delegue.
  • Consello Escolar (artigo 7c): 2 representantes:
    • Presidente: Alcalde ou persoa en quen delegue
    • Tobías Betanzos Rego e outro concelleiro da corporación
MANCOMUNIDADE "AROUSA NORTE"
  • Vogal nato: Alcalde do Concello de Rianxo
Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Conforme aos Estatutos do Consorcio, publicados no Diario oficial de Galicia nº 131, do 07 de xullo, xunto co acordo fundacional, que determinaban que os concellos designarán os seus representantes entre os membros corporativos, mais tendo en conta que o artigo 10 do Regulamento interno do Consorcio parte da consideración como delegados aos alcaldes dos concellos consorciados: o Alcalde do Concello de Rianxo.

Mesa Local de Comercio
  • Adelina Ces Quintáns
  • 1 dun grupo político municipal distinto ao do goberno
Iniciativas Comunitarias EQUAL e PRODER
  • O Alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, ou persoa en quen delegue.
 Grupo de Acción Costeira da ría de Arousa
  • O Alcalde, Adolfo Muíños Sánchez, ou persoa en quen delegue
Fundación Museo do Mar

De acordo co previsto no artigo 11 nos estatutos da Fundación Museo do Mar, noméanse os seguintes Patróns Natos:

  • O Alcalde do Concello de Rianxo, Adolfo Muíños Sánchez
  • A Concelleira de Educación, Cultura, Deportes e Xuventude, Raquel García Abuín
  • O Concelleiro de Economía e Facenda, Tobías Betanzos Rego
  • 1 representante dun grupo político municipal distinto ao do goberno

Para estes efectos e de acordo co previsto nos Estatutos da Fundación Museo do Mar,  os grupos políticos municipais que integran a corporación, diferentes do grupo de goberno, deberán propoñer un patrón nato para a Fundación do Museo do Mar.