Servizos Sociais

- Tarxeta Benvida - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Estrada de Tanxil 12, Rianxo

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais

Tarxeta Benvida

 

 

PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Persoas que teñan fillos ou fillas nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019 (pode solicitarse a prestación xa desde o embarazo).
  • Persoas que teñan constituída a adopción ou a declaración en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
  • Galegas e galegos e os seus descendentes que se encontren en calquera dos supostos anteriores e que tras residir fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2019.
  • Familias que no ano 2018 obtiveran a axuda e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación da dita axuda.

 

REQUISITOS

  • Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que a renda da unidade familiar da declaración do último período impositivo non supere os 45.000 €. No suposto de que os ingresos fosen superiores á dita contía, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.
  • Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda.
  • As persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia en 2019 e estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

 

TIPO DE AXUDA
Con carácter xeral, a contía total será de 1.200 € por cada fillo/a durante un ano a razón de 100 €/mes.
Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra os tres anos, ou ata que se cumpran tres anos da resolución para os supostos de adopción ou de garda con fins adoptivos, coa seguinte distribución:

  • 600 €/ano se a filla/o que dá dereito á axuda é a/o primeira/o.
  • 1.200 €/ano se a filla/o que dá dereito á axuda é a/o segunda/o.
  • 2.400 €/ano se a filla/o que dá dereito á axuda é a/o terceira/o ou sucesivos.


A axuda farase efectiva a través da Tarxeta Benvida, que se expedirá a nome da persoa solicitante e unicamente se poderá utilizar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

 

LUGAR DE PRESENTACIÓN
Preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
 

PRAZO DE SOLICITUDE

Dous meses desde o día seguinte a aquel en que se produza o nacemento ou se dita a resolución para os supostos de adopción ou garda. No caso de emigrantes, os dous meses contaranse a partir do día seguinte á data de retorno.
No suposto de ter obtido a axuda no ano 2018 e que a renda da unidade familiar variase á baixa e implicase ter dereito á ampliación, o prazo para comunicar esta circunstancia será ata o 01/03/2019.
 


MÁIS INFORMACIÓN

Formularios para a súa presentación en formato papel