Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Apertura do Programa de Turismo do Imserso 2016-2017

A presentación de solicitudes de participación no Programa de Turismo do Imserso para a tempada 2016-2017 , estendéndese ata o venres 17 de xuño de 2016.

Se a pasada tempada dispoñía de acreditación para viaxar, non é necesario cumprimentar unha nova solicitude, posto que o Imserso lles remitirá ó seu domicilio a carta para a renovación dos datos.

No caso de acceder por primeira vez ó programa ou se a persoa renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar unha nova solicitude: para estes casos recoméndase, pola súa sinxeleza e rapidez, que a solicitude se presente telemáticamente a través da Sede Electrónica do Imserso.

No entanto, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade ó 17 de xuño e ata o día 1 de decembro de 2016, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producir as persoas acreditadas dentro do prazo inicial.

Máis información: