Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o curso escolar 2016/2017

Na xunta de goberno local do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o 12/06/2017, aprobáronse as bases da convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantial e ensino obrigatorio, no curso escolar 2016-2017.

PERSOAS DESTINATARIAS DA AXUDA:

1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de:

  • Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias).
  • Material escolar.
  • Roupa e material deportivo.

2. O alumnado de educación primaria e secundaria, poderá acceder ás axudas de:

  • Material escolar: debendo acreditar que coa axuda recibida da Consellería de Educación para este mesma finalidade non se sufragou a totalidade do gasto realizado.
  • Roupa e material deportivo.

TIPO DE AXUDA

  • Libros de texto ( agás os que non se correspondan con materias obrigatorias): contía máxima da axuda do 75% da factura presentada.
  • Material escolar: contía máxima da axuda de 50,00€. O alumnado de primaria e secundaria deberá acreditar que, coa axuda recibida da Consellería de Educación para esta mesma finalidade, non se sufragou a totalidade do gasto realizado.
  • Roupa e material deportivo: contía máxima da axuda de 75,00€.

REQUISITOS

  • As axudas irán destinadas ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio que dispoña na súa unidade familiar de rendas familiares baixas e que polo tanto, necesita dun apoio especial para garantir a plena gratuidade do seu dereito á educación.
  • Que teñan a residencia e empadroamento real e efectivo no Concello de Rianxo.
  • Que no curso escolar 2016-17 teñan a matrícula realizada nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Rexistro Xeral do Concello de Rianxo en horario de 09:00 a 13:00 h, de luns a venres.

PRAZO DE SOLICITUDE : 18 de xullo

MÁIS INFORMACIÓN

  • Enderezo web do Concello de Rianxo: https://concelloderianxo.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo ( Estrada de Tanxil, 12 // 981 86 00 61)

Anexo I.Solicitude

Anexo II. Declaración de obrigas

Anexo III. Xustificante do alugueiro

Anexo IV. Declaración de axudas

Documentación

Bases da convocatoria