Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Axudas para o curso escolar 2017-18 (libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo)

A xunta de goberno local do Concello de Rianxo, en sesión celebrada o 28/08/2017, aprobou as bases da convocatoria  para a concesión de axudas destinadas á adquisición de libros de texto, material escolar, e roupa e material deportivo para o alumnado de educación infantil, primaria e ensino secundario obrigatorio, no curso escolar 2017-2018.

PERSOAS DESTINATARIAS DA AXUDA

 1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de:

  • Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias).
  • Material escolar.
  • Roupa e material deportivo.

 2. O alumnado de educación primaria e secundaria, poderá acceder ás axudas de:

  • Material escolar: deberase acreditar que coa axuda recibida da Consellería de Educación para esta mesma finalidade non sufragou a totalidade do gasto realizado.
  • Roupa e material deportivo.

TIPO DE AXUDA

  • Libros de texto (agás os que non se correspondan con materias obrigatorias). Contía máxima da axuda do 75% da factura presentada.
  • Material escolar: contía máxima da axuda de 50,00 €. O alumnado de primaria e secundaria deberá acreditar que, coa axuda recibida da Consellería de Educación para esta mesma finalidade, non se sufragou a totalidade do gasto realizado.
  • Roupa e material deportivo: contía máxima da axuda de 75,00 €.

REQUISITOS

  • As axudas irán destinadas ao alumnado de educación infantil, primaria e ensino secundario obrigatorio que dispoñan na súa unidade de rendas familiares baixas e que, polo tanto, necesiten dun apoio especial para garantir a plena gratuidade do seu dereito á educación.
  • As familias destinatarias deberán ter a residencia e o empradoamentol real e efectivo no Concello de Rianxo.
  • O alumnado destinatario deberá ter, no curso escolar 2017-2018, a matrícula realizada nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Rexistro Xeral do Concello de Rianxo en horario de 09:00 a 14:00 h, de luns a venres.

PRAZO DE SOLICITUDE

Ata o 11 de outubro

MÁIS INFORMACIÓN

  • Enderezo web do Concello de Rianxo: https://concelloderianxo.gal
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo. ( Estrada de Tanxil, 12 // 981 86 00 61)

Anexo I. Solicitude

Anexo II. Declaración de obrigas

Anexo III. Xustificante do alugueiro

 

Anexo IV. Declaración de axudas

Documentación

Bases da convocatoria