Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Axudas individuais a persoas con discapacidade para servizos de promoción da autonomía e complementarios da asistencia persoal

TIPO DE AXUDA

  • Axuda económica para adquirir servizos de promoción da autonomía persoal en diferentes áreas: servizos de respiro familiar a través de axuda no fogar, atención diúrna ou atención residencial; atención temperá; área de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional; habilitación psicosocial; apoio para o desenvolvemento profesional e social para persoas dependentes en idade laboral e servizo de transporte adaptado e asistido. Ver táboa dos servizos contemplados e contía das axudas
  • Axuda económica para adquirir servizos complementarios de asistencia persoal a persoas

REQUISITOS XERAIS

  • Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como pensionistas da Seguridade Social con pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, e pensionistas de clases pasivas. Poderán solicitar estas axudas as persoas que solicitasen o recoñecemento do grao de discapacidade con anterioridade á data de publicación da convocatoria, quedando a axuda condicionada a que lles sexa recoñecido o grao de discapacidade mínimo esixido.
  • Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Que a necesidade da axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
  • Subvencionaranse unicamente as actuacións realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

INCOMPATIBILIDADES

  • Incompatibles coa percepción doutras prestacións do catálogo do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia (SAAD) así como a través dun recurso do Sistema Galego de Servizos Sociais, agás para a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal e servizo de acompañamento e intérpretes.
  • Incompatibles coa percepción doutras prestacións a través de entidades, asociacións, etc., que reciban financiamento das administracións públicas cando delas derive a gratuidade da prestación/servizo para a persoa usuaria.
  • Subsidiarias e, se é o caso, complementarias da carteira de servizos do Servizo Galego de Saúde.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 18 de maio de 2016


MÁIS INFORMACIÓN

  • Sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.es)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo