Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Axudas urxentes de tipo social para evitar cortes de subministración eléctrica ás persoas máis vulnerables (Auxs)

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de convocar estas axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar o corte do subministro eléctrico e de gas natural ás persoas economicamente máis vulnerables

 

Requisitos

  • Que os ingresos totais de todas as persoas que conviven no domicilio no momento de presentar a solicitude, non superen o IPREM (6.390,13 € anuais) na declaración do IRPF do exercicio 2015
  • Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Ser o/a titular do contrato de subministración eléctrica
  • Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento e que xa transcorrese a data límite de pagamento especificada na factura
  • Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas no artigo 10 da Lei de subvencións.

 

Tipo de axuda

Os gastos subvencionables serán o 100% do importe das facturas de electricidade ou gas natural correspondente á vivenda habitual da persoa solicitante, cun límite máximo de 2 facturas/ano e importe máximo de 200 €/ano por solicitante.


Presentación da solicitude

  • Presentación electrónica: https://axudascortes-subministracion.xunta.gal e http://sede.xunta.gal
  • Oficinas da xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña)
  • Oficinas da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificios Administrativos - San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 15 de decembro de 2017

Máis información

  • Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es
  • Teléfonos de información: 981 957 024, 981 545 587 e 981 545 574
  • No enderezo de correo electrónico: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo