Servizos Sociais Servizos Sociais

Carretera de Tanxil 12
15920 Rianxo. Localizar en Google Maps

981 86 00 61

881 16 89 34

servizossociais@concelloderianxo.gal

Concellería de Servizos Sociais

luns - venres: 08:00 - 15:00

Servizos Sociais Servizos Sociais

Atrás

Benestar a través da Talasoterapia

 

A Consellería de Política Social pon en marcha o "Programa de benestar a través da talasoterapia", coa finalidade de facilitarlles ás persoas maiores o acceso a establecementos que ofertan talasoterapia en épocas nas que a climatoloxía non nos permite gozar directamente dos beneficios das augas mariñas.

O programa contempla o aloxamento, manutención en réxime de pensión completa, acceso diario ao circuíto mariño e póliza colectiva de seguro turístico. Ofértanse un total de 362 prazas con estadías de 6 días (5noites) nos talasos de Galicia e nos meses de maio a novembro de 2019.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS

  • Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos concepctos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroado/a e residir nalgún concello de Galicia.
  • Valerse por si mesmo/a para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
  • Non padercer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  • Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
  • Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.

ACOMPAÑANTES

A persoa solicitante podera ir acompañada:

  • O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa que teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o requisito da idade.
  • Dun fillo/a que teña una grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos citados, agás o da idade.
  • Calquera persoa coa que desexa participar no programa, sempre e cando cumpra todos os requisitos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 2 de maio de 2019.

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE E MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo.
  • Preferiblmente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
  • Consellería de Política Social. Dirección xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade. Subdirección xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia. http://politicasocial.xunta.gal
  • Teléfono Social: 900 333 666

Solicitude e anexos para a presentación en formato papel